Seguidores

domingo, 3 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO 


Ola a todos e todas!
Como estades? Esperamos que ben. Xa estamos no mes de maio! 
Como sabedes, unha semana máis seguimos propoñendo actividades para que as fagades na casa. Recordade que as tarefas SE PROPOÑEN POR SEMANA, polo que vos seguimos pedindo que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen. Aínda así, somos conscientes de que nalgúns casos aínda levades algo de atraso porque na semana do 20 ao 24 de abril recibíchedes tarde nas casas as propostas de traballo. É comprensible pero animámosvos a seguir adiante e xa veredes como acabades poñéndovos todos/as ao día. 
A continuación, por tanto, tedes TODAS AS NOVAS TAREFAS para 4º de Ed. Primaria (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente para traballar a competencia en comunicación lingüística e a competenecia matemática ao mesmo tempo.

- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 3 para todo el alumnado", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 3 específica para 1 alumno",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado

- Inglés. O mestre de inglés continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades. Por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

-Actividades complementarias. Esta semana o mestre de Ed. Física propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

É importante sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, volas imos pedir máis adiante tamén en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 

Os mestres e mestras envíanvos os seus mellores desexos de que esteades todos e todas ben! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario