Seguidores

martes, 12 de mayo de 2020

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE 4º


Bos días!

Esta entrada no blog está dedicada a informar da publicación da adaptación da programación de 4º curso no 3º trimestre, en relación a cada unha das áreas das que se envían tarefas, especificando os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe imprescindibles para superar dito trimestre, xunto con outros datos importantes de cara á cualificación final como os criterios da cualificación.

É importante sinalar que o documento está suxeito ás modicacións que a Inspección Educativa estime oportunas polo que non é un documento pechado (clicade enriba do nome de cada documento para acceder á adaptación de cada área).


Se tendes calquera dúbida ao respecto, por favor, escribídenos ou chamádenos e estaremos encantados de realizar as aclaracións necesarias.

Unha aperta do equipo docente de 4º de Educación Primaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario