Seguidores

domingo, 3 de mayo de 2020

NOVAS ACLARACIÓNS

A semana anterior os mestres/as de 4º de Ed. Primaria decidiran escribir unha entrada neste blog a modo de aclaración provisional, mentres non se publicasen as instrucións definitivas por parte da Dirección Xeral de Educación, debido ás numerosas dúbidas que se nos transmitiran relativas a diversos aspectos da organización que se ten acordado para este terceiro trimestre (número de asignaturas das que había propostas de traballo, horario que debía serguir cada alumno/a...).
Pois ben, a pasado martes 28 de abril publicáronse as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf). A partir da súa lectura, débense matizar e/ou remarcar dous aspectos dos comentados na entrada da semana pasada:

1º) ACTIVIDADES. No subapartado 6.2 de ditas instrucións figura o seguinte:
   Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no  seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaránse actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas [...].

Polo tanto, as actividades que enviamos son, como se di no parágrafo anterio, de repaso e reforzo, principalmente, non de ampliación de contidos curriculares salvo que se considere necesario.

2º) AVALIACIÓN. Nos subapartados 7.2 e 7.3 de ditas instrucións figura o seguinte: 
7.2. A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo  [...]. En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado
7.3. A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso [...]. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades [...] que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

Polo tanto, a avaliación do terceiro trimestre basearase na valoración das actividades que entreguen os alumnos/as durante o período de suspensión das clases, pero para a avaliación final do curso (tamén chamada ordinaria) teranse máis en conta os resultados das dúas primeiras avaliacións, mentres que os da terceira só se considerarán para beneficiar ao alumnado, é decir, para subirlle a nota, nunca para baixarlla.

Se tedes dúbidas acerca do comentando antes ou das Instrucións mencionadas que podedes consultar, agradeceríamos que nolas comuniquedes e responderémosvolas o antes posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario