Seguidores

domingo, 31 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola a todos e todas!

Como sabedes, unha semana máis seguimos propoñendo actividades para que as fagades na casa. Recordade que as tarefas SE PROPOÑEN POR SEMANA, polo que vos seguimos pedindo que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen. 

A continuación, por tanto, tedes TODAS AS NOVAS PROPOSTAS para 4º de Ed. Primaria (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente e esta semana colgaron dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Proposta para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Proposta para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado. Por outra banda, os Mestres teñen decidido que non deixarán exercicios de modelo para favorecer a vosa lóxica e capacidade de reflexión.

- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 7 para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 7 para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado.


- Inglés. O mestre de inglés esta semana realiza unha única proposta para tod@s para TODO o alumnado. Igualmente, cómpre sinalar que continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades, e por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

- Actividades complementarias. Esta semana o Mestre de Ed. Física é o que propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

É importante volvervos sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, volas imos pedir máis adiante tamén en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 

Unha aperta de todos os mestres e mestras! 

domingo, 24 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO 

Ola a todos e todas!


Como sabedes, unha semana máis seguimos propoñendo actividades para que as fagades na casa. Recordade que as tarefas SE PROPOÑEN POR SEMANA, polo que vos seguimos pedindo que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen. 

A continuación, por tanto, tedes TODAS AS NOVAS PROPOSTAS para 4º de Ed. Primaria (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente e esta semana colgaron dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Proposta para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Proposta para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado. Por outra banda, os Mestres teñen decidido que non deixarán exercicios de modelo para favorecer a vosa lóxica e capacidade de reflexión.

- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 6 para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 6 para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado.


- Inglés. O mestre de inglés novamente propón 2 carpetas, pero OLLO!, SÓ tedes que facer as tarefas que aparecen nunha delas. A carpeta que se chama "Proposta para tod@s" é a que contén a proposta de traballo para TODO o alumnado e a que se chama "Proposta para 1 alumno de 4º" SÓ é para 1 neno de 4º que xa está avisado. Igualmente, cómpre sinalar que continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades, e por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

- Actividades complementarias. Esta semana a Mestra de Música é a que propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

É importante volvervos sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, volas imos pedir máis adiante tamén en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 


Unha aperta de todos os mestres e mestras! 

domingo, 17 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO 


Ola a todos e todas!


Como sabedes, unha semana máis seguimos propoñendo actividades para que as fagades na casa. Recordade que as tarefas SE PROPOÑEN POR SEMANA, polo que vos seguimos pedindo que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen. Para aqueles que levades aínda algo de atraso, animámosvos a seguir adiante e xa veredes como acabades poñéndovos todos/as ao día. 
A continuación, por tanto, tedes TODAS AS NOVAS PROPOSTAS para 4º de Ed. Primaria (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente e esta semana colgaron dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Proposta para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Proposta específica para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado. Por outra banda, os Mestres teñen decidido que non deixarán exercicios de modelo para favorecer a vosa lóxica e capacidade de reflexión.

- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 5 para tod@s", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 5 específica para 1 alumno",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado


- Inglés. O mestre de inglés propón 2 carpetas, pero OLLO!, SÓ tedes que facer as tarefas que aparecen nunha delas. A carpeta que se chama "Proposta para tod@s" é a que contén a proposta de traballo para TODO o alumnado e a que se chama "Proposta específica para 1 alumno de 4º" SÓ é para 1 alumno de 4º que xa está avisado. Igualmente, cómpre sinalar que continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades, e por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

- Actividades complementarias. Esta semana o Mestre de Ed. Física propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

- ESPECIAL LETRAS GALEGAS. O equipo de biblioteca, con motivo da data na que normalmente se celeba o día das Letras Galegas (este ano vaise celebrar o 31 de outubro por mor do COVID-19), fixo unha pequena proposta OPTATIVA para axudar a familiarizarvos co autor que se conmemora este ano: Ricardo Carvalho Calero. Nela atoparedes 2 documentos: un deles con enlaces a un vídeo do autor, outro a diferentes recursos e un máis con actividades por curso; e o outro documento contén un conto do citado autor, e titulado "As pitas baixo a choiva". NON DEIXEDES DE CONSULTALAS! ENVIADE FOTOS das actividades que fagades!

É importante volvervos sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, volas imos pedir máis adiante tamén en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 

Unha aperta de todos os mestres e mestras! 

martes, 12 de mayo de 2020

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE 4º


Bos días!

Esta entrada no blog está dedicada a informar da publicación da adaptación da programación de 4º curso no 3º trimestre, en relación a cada unha das áreas das que se envían tarefas, especificando os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe imprescindibles para superar dito trimestre, xunto con outros datos importantes de cara á cualificación final como os criterios da cualificación.

É importante sinalar que o documento está suxeito ás modicacións que a Inspección Educativa estime oportunas polo que non é un documento pechado (clicade enriba do nome de cada documento para acceder á adaptación de cada área).


Se tendes calquera dúbida ao respecto, por favor, escribídenos ou chamádenos e estaremos encantados de realizar as aclaracións necesarias.

Unha aperta do equipo docente de 4º de Educación Primaria.

domingo, 10 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO 


Ola a todos e todas!

Como sabedes, unha semana máis seguimos propoñendo actividades para que as fagades na casa. Recordade que as tarefas SE PROPOÑEN POR SEMANA, polo que vos seguimos pedindo que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen. Para aqueles que levades aínda algo de atraso, animámosvos a seguir adiante e xa veredes como acabades poñéndovos todos/as ao día. 
A continuación, por tanto, tedes TODAS AS NOVAS PROPOSTAS para 4º de Ed. Primaria (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente e esta semana colgaron dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta zombi para todo el alumnado", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta zombi para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado. Por outra banda, os Mestres teñen decidido que non deixarán exercicios de modelo para favorecer a vosa lóxica e capacidade de reflexión.


- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 4 para TODOS", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 4 específica para 1 alumno",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado

- Inglés. O mestre de inglés continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades. Por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.


-Actividades complementarias. Esta semana a mestra de Música propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

É importante volvervos sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, volas imos pedir máis adiante tamén en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 


Os mestres e mestras envíanvos os seus mellores desexos de que esteades todos e todas ben!