Seguidores

domingo, 7 de junio de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA D 8 AO 12 DE XUÑO

Ola a todos e todas! Xa estamos a piques de rematar!

A continuación, tedes AS ÚLTIMAS PROPOSTAS para 4º de Ed. Primaria DESTE CURSO (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo). Seguimos pedíndovos que as vaiades facendo ao día, para que non se vos acumulen:

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas continúan propoñendo as súas tarefas conxuntamente e esta semana a tarefa final é a mesma para todo o alumnado. Por outra banda, os Mestres teñen decidido que non deixarán exercicios de modelo para favorecer a vosa lóxica e capacidade de reflexión.

- Lingua Castelá. O titor segue propoñendo dous documentos, pero OLLO!, SÓ tedes que facer un deles. O que se chama "Propuesta 8 para todo el alumnado", é o que tedes que facer todos/as, pero o segundo, que se chama "Propuesta 8 para 1 alumno de 4º",  SÓ o debe facer 1 rapaz que xa está avisado.

- Inglés. O mestre de inglés propón 2 carpetas, pero OLLO!, SÓ tedes que facer as tarefas que aparecen nunha delas. A carpeta que se chama "Proposta para tod@s" é a que contén a proposta de traballo para TODO o alumnado e a que se chama "Proposta para 1 alumno de 4º" SÓ é para 1 neno de 4º que xa está avisado. Igualmente, cómpre sinalar que continúa propoñendo, por unha banda, unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades, e por outra banda, adxunta vídeos con algunhas aclaracións e PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

- Actividades complementarias. Esta semana a Mestra de Ed. Musical é a que propón esta actividade OPTATIVA. Espera a vosa participación! LEMBRADE cubrir o CUESTIONARIO.

É importante volvervos sinalar que hai TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR A CADA UN DOS MESTRES/AS (por exemplo, mensaxes de audio, fotos das actividades...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. Porén, POR FAVOR, GARDÁDEAS IGUALMENTE NO PORTAFOLIOS!

Por último, recordámosvos novamente que podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para facer comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica, etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 

MOITO ÁNIMO NESTA ÚLTIMA PROPOSTA

No hay comentarios:

Publicar un comentario