Seguidores

domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola a todos e todas!

Esperamos que esteades ben.

Tal e como se vos dixo a través das chamadas e mensaxes de whatsapp, a semana pasada comezamos a preparar as actividades para que fagades na casa. VÁNSEVOS PROPÓR POR SEMANA, polo que vos pedimos que creades un PORTAFOLIOS dividido en catro partes para ir gardando as actividades das catro asignaturas das que se van enviar as tarefas (clicade enriba de cada asignatura para acceder aos documentos de traballo):

- Lingua Galega e Matemáticas. A mestra de galego e o mestre de matemáticas propoñen as súas tarefas conxuntamente para traballar a competencia lingüística e matemática ao mesmo tempo. Cando cliquedes no nome da área saen dous documentos: o que se chama "boletín boas novas", que é a actividade que se vos pide, e o que se chama "folleto do froiz", que é un recurso que necesitaredes para facer a actividade do outro arquivo.

- Lingua Castelá. O titor propón dous documentos, pero OLLO!, o que se chama "propuesta 1 para TODO el alumnado", é para todos/as. Mentres que o segundo, que se chama "Propuesta específica 1 para 1 ALUMNO de 4º",  só o debe facer 1 rapaz que xa está avisado. Este último NON é para os demais.

- Inglés. O mestre de inglés propón unha folla na que especifica os obxectivos e os contidos, así como a explicación das actividades. Por outra banda, tedes PAPERS numerados, que non son máis que anexos con worksheets, answers, etc.

Lembrade que hai algunhas TAREFAS QUE DEBEDES ENVIAR AO TITOR (por exemplo, mensaxes de audio, unha foto dunha redacción...). Especifícase en cada documento que actividades debedes enviar e os medios polos que o podedes facer. A GRAN MAIORÍA NON AS TENDES QUE ENTREGAR AGORA, pero volas imos pedir máis adiante en papel. POR FAVOR, GARDÁDEAS NO PORTAFOLIOS!

É importante sinalar que ALGUNHAS actividades que se vos propoñen teñen as SOLUCIÓNS para que as corrixades vós mesmos/as. Vades ser así tamén mestres/as de vós mesmos/as!

Por último, podedes escribir as dúbidas que teñades na parte do blog para os comentarios, ou por Whatsapp, correo, chamada telefónica etc., e os mestres/as trataremos de responder o antes posible. 

Os mestres e mestras do colexio envíanvos unha forte aperta! 
.

2 comentarios:

  1. Ola profe de cuarto. Que boa idea!!! Espero que este novo medio de contacto co alumnado e as familias esté cheo de boas novas e ... sobre todo, dure pouquiño. Esto significará que se acaba este tempo de reclusión. Moito ánimo

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu comentario! Estou de acordo, esperemos que dure pouco. Saúdos!

    ResponderEliminar